Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións, 2005, 366 p.
ISBN: 84-8158-281-6.
As partes principais que conforman a estrutura deste vocabulario son tres. En primeiro lugar, e como parte fundamental, aparecen numeradas 1.567 entradas en galego con cadansúas equivalencias en inglés, español, francés e portugués. A continuación, presentamos catro índices alfabéticos que listan os termos de cada unha das linguas mencionadas anteriormente agás o galego. Finalmente, ofrecemos un índice coas siglas desenvolvidas que aparecen no vocabulario.