Santiago de Compostela: Grafinova, 2000. — 701 p.
Este diccionario é a primeira obra lexicográfica que pon en contacto o italiano co galego. Isto supón que teñamos que traballar cos diccionarios monolingües de ámbalas dúas linguas e con bilingües non só de cada unha delas (sobre todo para establece-los criterios do noso diccionario). É un risco, dado que non hai unha base precedente, pero ó mesmo tempo convértese nunha vantaxe, porque permite aplica-la teoría lexicográfica actual sen prexuízos.
A información facilitada na nosa obra está orientada ós estudiantes galegos de filoloxía italiana, ós estudiosos das filoloxías románica e galega e, en xeral, ó público galego que desexe aproximarse á lingua de Dante. Aínda que os principais destinatarios son os galegos, isto non quere dicir que a obra non poida ser de proveito para os usuarios italianos.
Este primeiro volume é un instrumento útil para a traducción de textos italianos contemporáneos, facilitando ademais a asimilación da lingua. Como a parte dedicada ó galego-italiano que estamos a realizar, está orientada á producción de textos en italiano, algunhas das informacións que presenta esta obra están pensadas tamén en función do segundo volume (por exemplo, as indicacións dos plurais, dos auxiliares ou dos acentos).